Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Este proceso beneficiou un total de 310 propietarios do concello ourensán de Oímbra, pasando de máis de 4.200 parcelas iniciais a apenas 840 predios en 540 hectáreas. A titular do departamento, María José Gómez, lembrou os 24 millóns de euros orzamentados este ano para impulsar as concentracións parcelarias e o arranxo de pistas, un 41% máis con respecto ao 2023. A conselleira referiuse tamén ao polígono agroforestal que se está a desenvolver nesta localidade, e que está a piques de completar os últimos trámites necesarios para poder saír a concorrencia pública para que os interesados poidan optar ás fincas.
Resolución do 24 de setembro de 2024 pola que se convoca un posto de persoal directivo que se anuncia no Diario Oficial de Galicia do 2 de outubro de 2024.
Así o subliñou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento. Pola súa banda, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, destacou o investimento por parte da Xunta de 11,5 M€ entre os anos 2020 e 2024 ao abeiro do Plan Estratéxico da Limia, e debullou as diferentes actuacións.
Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abrangue unha superficie total de 63,71 hectáreas, distribuídas en 71 parcelas de 115 propietarios. Este polígono terá como actividade principal para a maior parte da súa superficie a gandaría en extensivo e para a restante, unha explotación mixta de gandaría en extensivo e cultivos complementarios. O de Cualedro é un dos 34 polígonos agroforestais -21 deles na provincia de Ourense- en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.
Paxinación
