Novas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitou un dos camiños deste concello lugués que foi beneficiario das axudas ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria 2023-2024. Dentro deste plan, Bóveda recibiu unha achega por importe de 128.883 euros.

Resolución do 22 de outubro de 2024 pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural).

Na apertura do acto, María José Gómez destacou a valía de todas as mulleres que traballan desde e no rural, con independencia do sector, e recordou a importancia da formación, que desde a Consellería se potencia a través dos seis Centros de Formación e Experimentación Agraria. Pola súa banda, Fabiola García resaltou que se segue a traballar no eido da igualdade con axudas como as de fomento do emprendemento feminino. Alma Rural, promovida por ambos departamentos do Goberno galego, celebrouse na Finca Val dos Soños, no concello lucense de Castro de Rei, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Rural o pasado día 15 de outubro.

A conselleira María José Gómez salientou as condicións climáticas do verán nesta zona, que deriva en froitos dun excelente estado fitosanitario, permitindo a elaboración de viños de moi boa calidade. Segundo os últimos datos, nesta denominación de orixe xa se recolleron 5,5 millóns de quilos, dentro dun total de máis de 70 nas cinco DO galegas.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas