Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22, Miguel Teixido, co que avaliou o estado de execución dos proxectos financiados cos fondos da medida Leader, cofinanciada pola Unión Europea, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e correspondentes á anualidade 2023-2024.
A licitación foi promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a principios de 2024, despois dun proceso de Consulta Pública ao Mercado iniciado en 2021, e forma parte da estratexia de Aldeas Intelixentes financiada polo Goberno autonómico. O importe licitado é de algo máis de 1 millóns de euros e conta cun un prazo de execución de 18 meses. As aldeas modelo serán os lugares de experimentación destas propostas, orientadas a mellorar a calidade de vida dos núcleos rurais, axudando a frear o despoboamento, a dinamizar a súa economía e loitar fronte ao cambio climático e os incendios.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía en San Xoán de Río na clausura da xornada “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, organizada por “Ourense Rural é vida”. Na súa intervención, fixo especial fincapé nas aldeas modelo e nos seus plans de dinamización como exemplo para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais. Subliñou que a Xunta impulsa “Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles” como proxecto de compra pública de innovación na procura de solucións tecnolóxicas para mellorar os recursos agrarios e a xeración de actividade económica.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe nunha xornada para dar a coñecer a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas recollidas nela. Os participantes, entre os que había representantes de entidades galegas e portuguesas que forman parte do proxecto, visitaron a aldea modelo de Pedrosa e o polígono agroforestal de Pousada, ambos os dous no concello ourensán de Riós. “Paisactivo” busca aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios, a través de valorizar e mellorar a xestión sustentable das terras agroforestais á vez que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais.
Paxinación
