Novas

A conselleira visitou este establecemento de restauración, que comezou a súa actividade cunha axuda do programa Leader. A titular de Medio Rural puxo tamén en valor a aposta do Goberno galego por fomentar o emprendemento e a diversificación de actividades no agro, así como por apoiar o labor dos agricultores e gandeiros. A Xunta lembra que no último período de programación do Leader aprobáronse en Galicia 1.495 proxectos, que permitiron crear un total de 933 postos de traballo e consolidar outros 3.256.

A conselleira do Medio Rural visita en Outes este establecemento de restauración que comezou a súa actividade cunha axuda de preto de 50.000 euros procedentes do programa Leader. María José Gómez salienta o esforzo que realiza a Xunta para dinamizar o agro galego e para fomentar o emprendemento, así como a diversificación de actividades neste eido e para apoiar o labor dos agricultores e gandeiros. A aposta dos chefs Eva Guzmán e Fernando Rodríguez polo emprego dos produtos de proximidade e o impulso dinamizador deste negocio na contorna son outros dos efectos positivos remarcados pola titular de Medio Rural. A Xunta lembra que no último período de programación do Leader aprobáronse 1.495 proxectos, que permitiron crear un total de 933 postos de traballo e consolidar outros 3.256 en toda Galicia.

A conselleira do Medio Rural visitou unha serie de actuacións levadas a cabo no municipio, entre as que se atopan tamén o acondicionamento do mercado municipal e a mellora de camiños, cun investimento total duns 680.000 euros. María José Gómez tamén se desprazou aos terreos nos que está proxectada a posta en marcha do polígono agroforestal de Mandelos, que abranguerá unha superficie de 45,04 hectáreas de 183 propietarios.

Acordo do 29 de novembro de 2024 de puntuación PROVISIONAL primeira fase.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas