Novas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os concellos terán de prazo un mes dende mañá para presentar a súas solicitudes. Son subvencionables aquelas actuacións de ampliación, de mellora, e mantemento deste tipo de vías. Enténdese por camiño aquel que sexa de titularidade municipal e que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, a cando menos dúas parcelas agrícolas.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, que busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural. As solicitudes de subvención poderán presentarse no prazo dun mes contando a partir de mañá.

A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde co alcalde, Jorge Cubela, para afondar en diferentes vías de cooperación relacionadas coa recuperación de terras e as infraestruturas rurais, entre outros eidos. Avaliáronse os progresos rexistrados no desenvolvemento do polígono agroforestal de Vilalén-Tomonde e na aldea modelo de Mouteira-Parada.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas