Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Rueda salienta que o obxectivo é “facilitar a transmisión de case 140 explotacións” ata 2026. Trátase dunha plataforma para poñer en contacto aos propietarios que deixan unha explotación e a cidadáns interesados en poñerse ao fronte. O presidente destaca que contará “cun visor público” que “permitirá localizar e visualizar as características” dos negocios inscritos no Banco. O Goberno autonómico tamén destinará 2,1 M€ a unha nova liña de axudas para promover a continuidade das explotacións viables mediante a transmisión. O proceso de transmisión de explotacións estará tutelado pola Administración autonómica, a través da rede de oficinas rurais, de forma que calquera persoa interesada poderá dirixirse á súa oficina para informarse sobre este tema e recibir asesoramento.
A titular do departamento realizou esta mañá unha visita ao Campo da Feira de Grolos, que vén de rematar os seus traballos de mellora e humanización no marco da medida Leader. María José Gómez explicou que estes proxectos teñen unha repercusión “moi positiva” sobre o tecido social e económico das zonas rurais, mellorando as condicións para crear e manter emprego.
A conselleira do Medio Rural visitou a imprenta de Aída Castro en Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga, que foi beneficiaria destas achegas para rehabilitar e acondicionar o inmoble no que se sitúa o seu negocio. Ademais, lembrou que a convocatoria 2025 destas axudas, dotada con 1,7 millóns de euros e dirixida a pequenas empresas situadas no rural e persoas físicas que residan nesas contornas, ten o prazo de solicitude aberto ata o 28 de febreiro. Destacou tamén que este tipo de iniciativas contribúen a crear emprego, a consolidar os postos de traballo xa existentes e a impulsar a economía dos territorios nos que desenvolven a súa actividade.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou o complexo turístico, que se construíu e ampliou cunha aportación de algo máis de 310.000 euros procedente do programa Leader. Este tipo de iniciativas contribúen a mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio e dinamizar o tecido socioeconómico destas zonas. o marco da medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, a medida Leader permitiu aprobar case 1.500 proxectos, consolidar máis de 3.200 empregos e crear 933 novos.
Paxinación
