Novas

A titular do departamento, María José Gómez, visitou esta tarde esta iniciativa que se celebrará durante toda a fin de semana na Praza Horta do Seminario. Ademais de contar coa participación de 25 operadores, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria presenta neste mercado un amplo programa de actividades para os asistentes.

A conselleira María José Gómez recibiu no seu despacho de San Caetano ao alcalde estradense, Gonzalo Louzao, nunha xuntanza na que tamén participou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez. No encontro avaliáronse diferentes asuntos relacionados fundamentalmente coas infraestruturas rurais e coa posta en valor de terras mediante as concentracións parcelarias e as ferramentas da Lei de recuperación.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo.

Trasladou os seus parabéns aos premiados e finalistas destes galardóns e louvou as súas traxectorias que, destacou, “encaixan perfectamente cos valores, a filosofía e os criterios de actuación que promovemos desde a Consellería do Medio Rural”. Os premiados nesta edición foron a Banda de Música Unión de Guláns; o Ecomuseo el país del abeyeiro; Agadea; Solpor Camper Park Experiencie; Moexmu; Outonía Sociedade Cooperativa Galega; Muiñeiras de Requiande e a Aldea Modelo de Meixide na Veiga- Como finalistas quedaron Artio Nutrición; Máis ca leña; a asociación Aixiña; Aldea do Mazo; Enflor Agroecoloxía; Matria, cheas de vida; Calabizo e a Recuperación de terras abandonadas e posta en funcionamento no Incio (Lugo).

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas