Novas

A conselleira María José Gómez participou esta mañá nunha reunión de traballo cos presidentes e presidentas dos GDR para abordar diversas cuestións relacionadas co convenio. O orzamento total ascende a 56,9 millóns, dos cales preto de 18 millóns se dirixen aos gastos de funcionamento destas entidades, mentres que os 36,3 restantes destinaranse ao desenvolvemento de operacións a terceiros. Cómpre lembrar que esta é a primeira convocatoria ao abeiro do Programa Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027 (Pepac), xa que con anterioridade estaba incluída no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR). Gómez amosou o compromiso do Goberno autonómico con estas entidades, a través dos cales se desenvolven iniciativas locais que melloran as condicións de vida da veciñanza.

A conselleira do Medio Rural participou na visita ás obras de modernización e consolidación dos regadíos da Comunidade xeral de regantes Nova Limia, acto que estivo presidido pola secretaria de Estado de Agricultura y Alimentación. Salientou tamén o apoio da Deputación de Ourense a esta iniciativa, que cualificou de esencial para unha comarca “especialmente agrícola”, como a limiá.

Destaca que a remuda xeracional é “fundamental” para o futuro do rural galego. O banco de explotacións, que se porá en marcha antes que remate o ano, propiciará o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión. A nova orde de axudas estará dotada con 2,1 millóns de euros para o período 2025-2029 e favorecerá a cooperación na sucesión de explotacións, beneficiando as persoas físicas ou xurídicas xefes de explotación que se xubilen ou teñan outras causas para ceder a súa granxa. Para acompañar a posta en marcha do Banco, desenvolveranse, ademais, medidas de apoio como un visor informático público, modelos normalizados e accións de formación dirixidas ao persoal das oficinas rurais para que este, á súa vez, poida prestar apoio e asesoramento ás persoas interesadas.

Resolución do 28 de agosto de 2024 pola que se publica a lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha
praza de titulado/a superior xestor do proxecto “Down to Earth”.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas