Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada informativa sobre o proxecto, que xa está publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia. A primeira fase de proxecto conta cun orzamento de case 1,2 millóns de euros para o deseño do modelo de comunidade enerxética baseado no uso de enerxías renovables, dando prioridade á biomasa e os residuos da actividade agraria. Neste momento están en prazo de presentación de solicitudes as axudas da Administración autonómica para a constitución de comunidades enerxéticas.

Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

A Consellería de Medio Rural e a Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, organizan o evento de presentación da contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas Aldeas Modelo de Galicia, cuxo documento descritivo xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O polígono, no que xa se completaron os traballos de roza, abrangue unha superficie de 67,88 hectáreas, distribuídas en 1.534 parcelas dun total de 278 propietarios. Actualmente estase a levar a cabo a investigación da titularidade e a revisión do parcelario, que permitirá actualizar o catastro e poñer en produción este espazo, cuxa orientación produtiva serán os cultivos leñosos e sistema agroforestal.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas