Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe nunha xornada para dar a coñecer a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas recollidas nela. Os participantes, entre os que había representantes de entidades galegas e portuguesas que forman parte do proxecto, visitaron a aldea modelo de Pedrosa e o polígono agroforestal de Pousada, ambos os dous no concello ourensán de Riós. “Paisactivo” busca aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios, a través de valorizar e mellorar a xestión sustentable das terras agroforestais á vez que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais.

Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo. O Goberno autonómico mobiliza preto de 9.500 hectáreas a través dos 33 polígonos agroforestais activados en Galicia, dos que 7 foron aprobados nos últimos 4 meses. A actividade principal de cada un deles será a gandaría en extensivo, dentro da aposta da Xunta por prever incendios forestais a través da xestión e a dinamización socioeconómica do territorio.

María José Gómez salientou que o concepto de territorio rural intelixente implica unha aposta polo progreso e por un futuro sustentable, que é o que -sinalou- “estamos empeñados en fomentar dende a Xunta de Galicia”. Puxo en valor as solucións innovadoras que se están aplicando nas aldeas modelo -especialmente en Ourense-, ao abeiro da Lei de recuperación da terra, para potenciar a xestión da actividade agrogandeira ou implementar un sistema enerxético integral. Destacou os esforzos do Goberno galego para afrontar o reto demográfico, loitar contra o abandono, propiciar a remuda xeracional nas explotacións, reforzar a prevención e defensa fronte os incendios e fomentar a calidade alimentaria. Definiu o Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén, que acolleu este foro, como un complexo emblemático e “referente” tanto en materia de innovación como de formación fronte o lume.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou os traballos que se desenvolverán para poñer en marcha esta iniciativa, que suporá a reestruturación de 2.308 parcelas propiedade de 187 titulares. As actuacións que se realizarán están vencelladas con operacións de definición do parcelario, a investigación da propiedade, a clasificación da terra e a redacción do plan de ordenación de fincas de especial vocación agraria. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia, destinando este ano 24 millóns de euros para seguir impulsando estes procesos de mobilización de terra.
 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas