Novas

Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. Dende 2020, a Xunta rematou en Galicia un total de 32 parcelarias e decretou outras 29.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe no acto de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 2023-2027 e da nova marca corporativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, que tivo lugar en Salceda de Caselas.

O subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Jorge Blanco, participou por vía telemática na xornada sobre Xestión do cambio climático nas comunidades rurais. Galicia foi unha das representantes de España neste seminario europeo, no que se amosaron outras estratexias desenvolvidas en Irlanda, Alemaña, Finlandia ou Austria. O Proxecto Interreg Europe Down to Earth traballa desde 2023 para frear o despoboamento e o abandono do rural, como estratexia para reducir a degradación ambiental e minimizar o impacto do cambio climático. Desde a Xunta púxose como exemplo a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia coa que se anima a recuperar e revitalizar os pequenos núcleos rurais, mediante a reactivación produtiva da terra abandonada.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, interveu hoxe nunha das sesións de debate para abordar o apoio ás aldeas intelixentes a través das diferentes políticas comunitarias europeas. Na sesión presentáronse exemplos de accións de apoio ás aldeas intelixentes en países como Austria, Finlandia, Hungría, Lituania, Italia e Polonia, sendo Galicia o único territorio de España no que se activou esta iniciativa. Na súa intervención, explicou os traballos que se están a desenvolver nas 21 aldeas modelo de Galicia, que todas elas estarán en funcionamento ao longo deste ano, e puxo en valor os catro proxectos piloto de plans de dinamización. A maiores, falou tamén da iniciativa de Compra Pública de Innovación de “Aldeas Intelixentes” co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras que potencien a xestión dos servizos públicos e a actividade agrogandeira no rural galego.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas