Novas

O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono agroforestal. A zona delimitada atópase na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas e existe unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións existentes e a posta en marcha de novas iniciativas. Este tipo de figuras, enmarcadas na Lei de recuperación da terra agraria, teñen por obxecto pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, recuperando unha actividade acaída de explotación agrícola ou forestal.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá no acto de entrega dos títulos de propiedade aos veciños de Narón propietarios das fincas desta parcelaria, cunha superficie de case 1.190 hectáreas

O polígono sitúase na área de actuación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na que hai unha gran demanda de terreos na zona para a mellora da estrutura territorial de explotacións existentes ou para a posta en marcha de novas iniciativas produtivas.

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria e que onte mesmo foi declarada de utilidade pública no Consello da Xunta, permitirá concentrar 224 ha distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios. En Remuíño xa se rozaron máis de 11 quilómetros de camiños, dentro da posta en valor dos terreos, a prevención dos incendios forestais e facilitar as tarefas de revisión do parcelario. O próximo paso será iniciar os labores de levantamento topográfico e investigación da titularidade deste polígono, cuxa orientación produtiva serán os cultivos hortícolas e leñosos, a produción forestal e sistema agroforestal.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas