Novas

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 28,03 hectáreas distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada informativa sobre o proxecto, que xa está publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia. A primeira fase de proxecto conta cun orzamento de case 1,2 millóns de euros para o deseño do modelo de comunidade enerxética baseado no uso de enerxías renovables, dando prioridade á biomasa e os residuos da actividade agraria. Neste momento están en prazo de presentación de solicitudes as axudas da Administración autonómica para a constitución de comunidades enerxéticas.

Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

A Consellería de Medio Rural e a Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, organizan o evento de presentación da contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas Aldeas Modelo de Galicia, cuxo documento descritivo xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas