Novas

José González destacou a importancia da Lei de recuperación da terra á hora de avanzar na dinamización socioeconómica e a posta en valor do territorio agrario e forestal que se atopa en situación de abandono e infrautilización. Puxo de relevo que no vindeiro ano poranse en funcionamento os primeiros polígonos agroforestais -Oímbra e Cualedro- ou as agrupacións forestais de xestión conxunta, vencelladas a plans piloto para a recuperación de soutos tradicionais. Tamén sinalou que as 21 aldeas modelo aprobadas xa estarán en marcha no 2024 e que na de Muimenta, en Carballeda de Avia, crearase o primeiro espazo agrario de experimentación.

O traballo foi o gañador na sexta edición dos premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial, convocados polo Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da institución académica. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu en Lugo á entrega do galardón, que correspondeu a Marta Gómez pola iniciativa “Aldeas modelo. Estudo sobre recuperación de terras agrarias de Galicia”.

Estas figuras teñen un carácter dinamizador do territorio e innovador e para a súa posta en funcionamento estanse captando fondos europeos orientados cara a dixitalización, a valoración dos produtos agroalimentarios ou a mellora enerxética. Todo este esforzo suporá un investimento de máis de 10,5 millóns de euros, dos que máis da metade se destinarán á execución de polígonos e aldeas modelo. José González destacou que, en conxunto, os instrumentos da Lei de recuperación fixeron xa posible a mobilización de arredor de 10.000 hectáreas de superficie en toda Galicia e delas máis de 5.700 hectáreas corresponden á provincia ourensá.

José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e pola alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, comprobou o resultado da rehabilitación exterior deste mercado cun investimento de 89.000 euros por parte do goberno autonómico. Este espazo permite a comercialización de produtos e servizos relacionados co Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O conselleiro destacou a futura Lei da calidade alimentaria coa que a Xunta quere facer unha aposta definitiva polas excepcionais calidades dos produtos agroalimentarios galegos.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas