Novas

O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono, que implica 114 parcelas de 80 propietarios. Está situado na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas, formando parte da DO Ribeira Sacra, onde existe unha gran demanda de terreos para explotacións xa existentes ou para a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vinculadas á gandaría en extensivo.

Os resultados destes labores, que leva a cabo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, permitirán actualizar o catastro da zona, así como avanzar no proceso de aprobación e posta en marcha desta iniciativa de recuperación de terras. Faranse traballos de levantamento de infraestruturas comúns, límites físicos e elementos naturais para logo analizar cos titulares as posibles discrepancias entre a cartografía existente e a realidade física das parcelas.

A superficie da aldea modelo é de 67,45 hectáreas, divididas en 922 parcelas de 164 titulares catastrais. Un total de 52,03 hectáreas foron adxudicadas no procedemento de concorrencia pública a unha proposta conxunta dunha gandeira local e dos propios veciños da aldea a través do monte veciñal. A orientación produtiva da aldea modelo será o vacún en extensivo de razas autóctonas, e a produción de cereais e cultivos de ciclo curto. As obras, cun investimento de 135.806 euros, abrangueron o pechamento de 7,2 quilómetros de lonxitude e unha altura de 1,5 metros.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse coa alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez, nun encontro no que tamén participou o concelleiro Camilo Alonso.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas