Novas

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é o socio principal de Down to Earth, unha iniciativa na que participan outros seis países europeos. Hoxe celebrouse a segunda reunión de stakeholders -grupos de interese- galegos que participan neste proxecto, á que asistiu a directora xeral da axencia, Inés Santé.

José González resaltou que esta actuación permitiu reordenar máis de 5.000 parcelas en 1.372 predios, case que cuadriplicando o tamaño medio das parcelas ao pasar de 884 metros cadrados a máis de 3.110. O desenvolvemento desta parcelaria contou cun investimento de 2,2 millóns de euros para favorecer o desenvolvemento económico das explotacións. Dende o 2020, o Goberno galego rematou 29 concentracións e nos últimos dous anos decretou outras 29, mobilizando máis de 23.810 novas hectáreas. Xunto as parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e cos que, en total, xa mobilizou nesta lexislatura 35.000 hectáreas.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe no acto polo 15 aniversario do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, que tivo lugar no Pazo de Vista Alegre de Vedra.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou hoxe a zona na que se vai actuar. O Concello de Coristanco promove esta actuación que afectará a un tramo de case 1,2 quilómetros.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas