Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
José González avaliou coa alcaldesa da localidade, Lucía Calvo, as opcións para continuar avanzando na reestruturación de superficie agroforestal e a súa posta en valor
No encontro tamén se valorou o recente convenio asinado para levar a cabo un proxecto de mellora de dúas infraestruturas viarias no lugar de Cesar, cun investimento de máis de 48.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural.
Nesta mesma liña, o Concello de Teo conta con outro proxecto en marcha para o acondicionamento do viario municipal en Cornide, que se atopa dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2023/2024 e ten unha dotación de 50.846 euros por parte do goberno autonómico.
José González destacou a importancia da Lei de recuperación da terra á hora de avanzar na dinamización socioeconómica e a posta en valor do territorio agrario e forestal que se atopa en situación de abandono e infrautilización. Puxo de relevo que no vindeiro ano poranse en funcionamento os primeiros polígonos agroforestais -Oímbra e Cualedro- ou as agrupacións forestais de xestión conxunta, vencelladas a plans piloto para a recuperación de soutos tradicionais. Tamén sinalou que as 21 aldeas modelo aprobadas xa estarán en marcha no 2024 e que na de Muimenta, en Carballeda de Avia, crearase o primeiro espazo agrario de experimentación.
O traballo foi o gañador na sexta edición dos premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial, convocados polo Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da institución académica. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu en Lugo á entrega do galardón, que correspondeu a Marta Gómez pola iniciativa “Aldeas modelo. Estudo sobre recuperación de terras agrarias de Galicia”.
Estas figuras teñen un carácter dinamizador do territorio e innovador e para a súa posta en funcionamento estanse captando fondos europeos orientados cara a dixitalización, a valoración dos produtos agroalimentarios ou a mellora enerxética. Todo este esforzo suporá un investimento de máis de 10,5 millóns de euros, dos que máis da metade se destinarán á execución de polígonos e aldeas modelo. José González destacou que, en conxunto, os instrumentos da Lei de recuperación fixeron xa posible a mobilización de arredor de 10.000 hectáreas de superficie en toda Galicia e delas máis de 5.700 hectáreas corresponden á provincia ourensá.
Paxinación
