Novas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Administración autonómica investigará a titularidade de 16 inmobles situados na aldea modelo de Francos de Proendos, 12 inmobles na aldea modelo de Covelo e 24 na aldea modelo de Carzoá.

Catalógase deste xeito pola súa contribución á prevención de incendios forestais e á dinamización poboacional dos núcleos nos que se atopan. Un grupo de 20 expertos visitaron a aldea modelo de Penedo no concello ourensán de Boborás, no marco dun grupo focal para indetificar e analizar enfoques para reducir o abandono de terras.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse hoxe co alcalde de Frades, Roberto Rey, para abordar diferentes asuntos relacionados coa mellora do agro neste municipio coruñés.

O procedemento deste acordo marco pretende seleccionar a un máximo de 10 empresas co fin de que realicen traballos de carácter técnico e xurídico para o apoio aos servizos técnicos e medio propios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Os labores centraranse naqueles necesarios para a posta en marcha dos polígonos agroforestais e que se atopan recollidos na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas