Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural puxo en valor os grandes esforzos que está a dedicar a Consellería do Medio Rural para o desenvolvemento dos polígonos agroforestais, un instrumento da Lei de recuperación. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias demandou de novo unha modificación normativa a nivel nacional que defina un xeito de acreditar os custos de produción no sector leiteiro, con aplicacións como Contaláctea. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria explicou os pormenores do Plan de control da vendima, no que se realizaron un total de 5.631 actuacións para defender a calidade e o prestixio dos viños galegos.
José González sinalou que a Xunta leva investido un total de 118 millóns nos últimos 14 anos co obxecto de avanzar decididamente nesta materia. Explicou que o Manual práctico para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria presentado hoxe servirá como metodoloxía para realizar este proceso desde a perspectiva máis integradora posible. Recalcou a necesidade de establecer como prioridade a protección dos elementos culturais, ambientais e paisaxísticos, con criterios únicos e homoxéneos.
O subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Alfredo Fernández Ríos, participou hoxe nunha xornada de divulgación dos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia que tivo lugar en Vigo.
José González trasladou que o polígono situarase nunha zona cunha forte tradición gandeira e na que existe unha gran demanda de terras para a cría de gando vacún en extensivo, polo que esta ferramenta irá orientada a satisfacer estas necesidades. Salientou que esta iniciativa sumarase aos 26 polígonos que actualmente se atopan en distintas fases de execución en Galicia e que supoñen a posta en valor de máis de 9.100 hectáreas distribuídas en case 30.000 parcelas de máis de 8.200 veciños. Puxo en valor que 17 destes polígonos se sitúan na provincia de Ourense, así como 14 das 21 aldeas modelo aprobadas en toda Galicia.
Paxinación
