Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
José González, acompañado por Inés Santé, e Josefina Suárez analizaron as diferentes ferramentas da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e, en vindeiras datas, o titular do Medio Rural manterá un encontro con veciños para presentarlle as súas vantaxes. O orzamentos do 2024 contemplan un investimento de 7,4 millóns de euros para seguir potenciando o desenvolvemento de polígonos agroforestais e aldeas modelo.
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron unha reunión de traballo co alcalde desta localidade.
Xa o ano pasado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aumentara un 21% o seu importe para os orzamentos do 2023 con respecto ao ano anterior. Inés Santé referiuse aos 7,3 millóns de euros destinados a implementar polígonos agroforestais e aldeas modelo, ademais de outras accións vencelladas á Lei de recuperación, que en total contará en 2024 con 10,5 millóns de euros para seguir avanzando no seu desenvolvemento. No eido da dinamización do territorio rural, puxo de relevo o incremento do 8% no orzamento do Plan Marco, que permitirá lanzar unha nova convocatoria para as anualidades do 2024-2025 dotada con 19,5 millóns de euros. Ao abeiro do programa Leader, anunciou que contará cun orzamento de 21,25 millóns de euros, o que supón un incremento do 30% con respecto ao do vixente ano para o apoio a proxectos e o funcionamento dos 24 grupos de desenvolvemento rural. Por último, destacou o proxecto de Compra Pública de Innovación no que participa a Axencia, Aldeas intelixentes, solucións de futuro para aldeas sostibles, cuxo orzamento aumenta en máis dun 950% ata acadar os 2 millóns de euros.
Inés Santé trasladou que o polígono se situará nunha zona na que existe unha demanda de terras para gandaría en extensivo, por exemplo de ovino, polo que esta ferramenta irá orientada a satisfacer estas necesidades. Salientou que esta iniciativa se sumará aos 26 polígonos que actualmente se atopan en distintas fases de execución en Galicia e que supoñen a posta en valor de máis de 9.100 hectáreas distribuídas en case 30.000 parcelas de máis de 8.200 veciños. O Goberno autonómico destinará, a través dos orzamentos do 2024, 7,4 millóns de euros para seguir potenciando os polígonos agroforestais e as aldeas modelo.
Paxinación
