Novas

A iniciativa supón a captación de preto de dous millóns de euros de fondos europeos e centrarase -na parte galega- nas aldeas modelo de Parada-Mouteira (Cerdedo-Cotobade) e Infesta (Monterrei). Os directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participaron hoxe na xornada de lanzamento deste proxecto Interreg, que tivo lugar en Cerdedo-Cotobade. A iniciativa persegue avanzar na transición ecolóxica e a adaptación ao cambio climático do espazo transfronteirizo, integrando biomasa no modelo produtivo local mediante comunidades enerxéticas en Galicia e o Norte de Portugal.

José González resaltou que esta actuación supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros e permitiu pasar de máis de 2.500 parcelas a 863 fincas, triplicando o tamaño medio dos predios, ao pasar de 1.090 metros cadrados a preto de 3.360.
Salientou que dende o 2020 o Goberno galego rematou -con esta de Ponteceso- un total de 30 parcelarias, abranguendo unha superficie de máis de 19.800 hectáreas e beneficiando máis de 14.600 propietarios, que recibiron máis de 31.600 títulos de propiedade.
Indicou que, xunto ás parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e cos que, en total, xa mobilizou nesta lexislatura 35.000 hectáreas.
O titular do Medio Rural visitou tamén a casa dos veciños do Couto, onde se atopa a Fundación Eduardo Pondal, que se reformou cunha achega de máis de 100.000 euros, co fin de seguir mellorando instalacións nas zonas rurais.

Estas axudas, enmarcadas no programa Leader, financian proxectos de formación, animación e promoción territorial en diferentes comunidades rurais.
Na xuntanza de hoxe, abordouse tamén a aprobación das estratexias de desenvolvemento local para o próximo período Leader dotado con 840.000 euros por parte do Goberno autonómico.

Nesta iniciativa de cooperación entre GDR colaboran os da Comarca de Lugo, Pontevedra Norte e Asdecomor, que integra varios concellos do interior da provincia da Coruña.
No acto, José González subliñou que as permutas súmanse a outras iniciativas xurdidas ao abeiro da Lei de recuperación da terra, como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta.
Remarcou que todas estas figuras, xunto coas parcelarias, están permitindo mobilizar arredor de 35.000 hectáreas en toda Galicia.
Puxo en valor a colaboración que prestan os GDR para impulsar estes labores e que a Xunta corresponde con medidas como a recente achega de máis de dous millóns de euros para aplicar unha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas