Novas

José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e pola alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, comprobou o resultado da rehabilitación exterior deste mercado cun investimento de 89.000 euros por parte do goberno autonómico. Este espazo permite a comercialización de produtos e servizos relacionados co Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O conselleiro destacou a futura Lei da calidade alimentaria coa que a Xunta quere facer unha aposta definitiva polas excepcionais calidades dos produtos agroalimentarios galegos.

Na súa intervención, o titular do Medio Rural indicou que a posta en marcha do primeiro espazo será na aldea modelo de Muimenta, en Carballeda de Avia, cuxa orientación estará dedicada á horta en ecolóxico. Lembrou todo o traballo desenvolto dende o 2021 arredor da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e os instrumentos de mobilización que nela se regulan. Tamén puxo de relevo a figura das concentracións parcelarias e lembrou o Manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria, froito da colaboración entre a Consellería e o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Administración autonómica investigará a titularidade de catro predios situados no polígono de Oímbra e de dous no de Cualedro. Esta é a primeira vez que se pon en marcha este procedemento en polígonos agroforestais, xa que ata o de agora só se tiña feito en aldeas modelo.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou este mediodía en Miño na xornada sobre o proxecto de cooperación Leader Nó-Rural. Esta iniciativa, que busca fomentar o emprendemento e a empregabilidade da mocidade no rural, está promovida por cinco grupos de desenvolvemento rural e foi apoiada pola Xunta cunha axuda de máis de 81.000 euros.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas