Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O conselleiro do Medio Rural sinalou que este polígono estará situado nunha zona na que existe unha demanda de terras para a produción de forraxe, polo que podería ir destinado a satisfacer ese tipo de necesidades. O deste municipio sumaríase aos 26 que actualmente se atopan en distintas fases e que supoñen a posta en valor de máis de 9.100 hectáreas distribuídas en case 30.000 parcelas propiedade de máis de 8.200 veciños. José González fixo referencia aos 7,4 millóns de euros dos orzamentos de 2024 que se destinarán a seguir potenciando este tipo de figuras de mobilización.
José González indicou que estes galardóns son unha proba fidedigna da vontade por continuar evolucionando, con “máis dun cento de galardóns outorgados” ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural de Galicia. O conselleiro puxo en valor as máis de medio cento propostas presentadas nas diferentes categorías e felicitou aos galardoados, destacando a súa achega ao desenvolvemento rural galego en eidos como a innovación ou a posta en valor da terra. As iniciativas premiadas foron deseñadas pola cooperativa Educalecrín, a adega A man de Prado, Terra de Boborás Apicultura, o CDR O Viso, ProPlantae Sanidade Vexetal, Nuria Sotelo, Solucións Conceptuais e Innovación e Xesteco Consultoría.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, participou na apertura do segundo día da Xornada de Intercambio Leader Norte que se está a desenvolver hoxe na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da Universidade de Santiago, na que abordaron a situación do programa, os convenios de colaboración previstos para o período 2023-2027 e os modelos de participación dos grupos de desenvolvemento rural nas axudas para eses anos.
A directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe na primeira xornada en Folgoso do Courel deste encontro, que conta co apoio da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e de Red Asturiana de Desarrollo Rural. Pola mañá, os participantes visitaron a aldea modelo de Moreda, exemplo das ferramentas dispoñibles na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Os asistentes, entre os que se atopaban directora xeral de Agricultura, Agroindustria y Desarrollo Rural e o director xeral de Reto Demográfico do Principado de Asturias, analizaron os avances na materia dentro do novo programa LEADER 2023-2027, a través do que a Xunta disporá de preto de 58 millóns de euros para axudas.
Paxinación
