Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O polígono, no que xa se completaron os traballos de roza, abrangue unha superficie de 67,88 hectáreas, distribuídas en 1.534 parcelas dun total de 278 propietarios. Actualmente estase a levar a cabo a investigación da titularidade e a revisión do parcelario, que permitirá actualizar o catastro e poñer en produción este espazo, cuxa orientación produtiva serán os cultivos leñosos e sistema agroforestal.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá no acto de entrega dos títulos de propiedade aos 2.060 veciños propietarios das fincas desta parcelaria. Esta actuación supuxo un investimento de algo máis de 3 millóns de euros e permitiu pasar de 7.450 parcelas a 3.166 fincas, duplicando o tamaño medio dos predios, ao aumentar a superficie media de 1.594 metros cadrados a 3.750.
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, entregou esta mañá os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Santa María de Oroso, nesta localidade pontevedresa.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os concellos terán de prazo un mes dende mañá para presentar a súas solicitudes. Son subvencionables aquelas actuacións de ampliación, de mellora, e mantemento deste tipo de vías. Enténdese por camiño aquel que sexa de titularidade municipal e que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, a cando menos dúas parcelas agrícolas.
Paxinación
