Novas

Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono. Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abrangue unha superficie total de 21,76 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 73 propietarios. O de Oímbra é un dos 34 polígonos agroforestais -21 deles na provincia de Ourense- en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuníronse hoxe con representantes da Comunidade de Regantes da Limia. Rodríguez puxo de relevo as inversións feitas polo Goberno autonómico, con case sete millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío “unha inversión imprescindible” para que se puidera levar a cabo a súa modernización. Lembrou que “non asumir entre todos este compromiso” poderá “poñer en perigo todo aquilo polo que estamos loitando”, como a produción agroalimentaria da zona, a recuperación da terra agraria e a remuda xeracional.

A Directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez Rivera, recolleu o pasado 28 de xuño, o Premio Biomasa Galega 2024, polo impulso ao uso da biomasa na Administración autonómica, dentro do Proxecto piloto INTERREG POCTEP “ALDEALIX”.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios. A zona delimitada desta iniciativa atópase dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, polo que dará resposta a unha gran demanda de terreos para produción vitivinícola, de gandaría en extensivo ou para aproveitamento forestal. Actualmente, en Galicia están aprobados 34 proxectos para a posta en marcha de polígonos agroforestais, ferramenta incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que favorecerán a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas