Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá coa alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez. Nesta xuntanza avaliaron a posibilidade de implantar instrumentos de recuperación da terra agraria nesta localidade, co obxectivo de poñer en produción terras de boa capacidade produtiva que se atopen en estado de abandono ou infrautilización. Asemade, estudaron as necesidades desta localidade en termos de mellora de infraestruturas agrarias.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe en Curtis nunha reunión de traballo con representantes da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), na que afondaron na súa colaboración a prol da mellora destas contornas.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán. A xuntanza serviu para coñecer as necesidades da localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento rural, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se incrementa en 400.000 euros o orzamento inicial. O obxectivo destas achegas é reforzar o tecido socioeconómico no rural e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos e á consolidación dos existentes e consolidar e impulsar tamén a dinamización económica destes territorios.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas