Organización institucional, organizativa e de planificación

O artigo 7 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que as entidades instrumentais que forman parte do sector público autonómico de Galicia teñen a obriga de publicar a información institucional, organizativa e de planificación, como medio para fomentar que a cidadanía poida exercitar o seu dereito a participar e controlar os asuntos públicos.