Prezos de referencia

Os prezos de arrendamento do Banco de Terras son propostos ao Consello da Xunta - que é quen os aproba - por un organismo creado pola Lei 7/2007 e confirmado na Lei de mobilidade de terras de 2011: a Comisión Técnica de Prezos e Valores.

Esta comisión, adscrita á consellería competente en materia de agricultura, reúnese como mínimo unha vez ao ano e está formada por:

· Unha presidencia e unha vogalía, nomeadas pola persoa titular da consellaría competente en materia de agricultura
· Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellaría competente en materia de facenda
· Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellaría competente en materia de ordenación do territorio
· Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellaría competente en materia de conservación da natureza
· Unha vogalía, nomeada pola persoa titular da consellaría competente en materia de montes
· Unha vogalía, nomeada polo Xurado de Expropiación de Galicia
· Unha vogalía, nomeada polo organismo representativo dos municipios e das provincias galegas
· Unha vogalía, nomeada pola Xerencia Rexional do Catastro
· Unha vogalía, nomeada polo asociacionismo do cooperativismo agrario galego
· Tres vogais, persoas nomeadas polos representantes das organizacións profesionais agrarias pertencentes ao Consello Agrario Galego
· Tres persoas en nome e representación da entidade xestora do Banco de Terras de Galicia, nomeadas pola entidade xestora, con voz pero sen voto
· Un secretario ou secretaria, persoa nomeada pola consellaría competente en materia de agricultura de entre os funcionarios e funcionarias ao servizo da devandita consellaría, con voz pero sen voto

 Os prezos fíxanse por unidade de superficie en función da parroquia de ubicación e o tipo de terras (labradío, prado, etc). Como cada finca pode ter un porcentaxe de diferentes tipos de terras, o prezo de cada finca obtense por multiplicación da superficie de cada tipo de terra que posúe e o valor unitario da parroquia no que está. Isto é: cada finca terá un prezo de arrendamento en principio diferente.

Información sobre os prezos de referencia do Banco de Terras

Prema na provincia que quere consultar: 

· A Coruña
· Lugo
· Ourense
· Pontevedra