Banco de terras

Que é o Banco de Terras?

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co que se pretende regular o uso e aproveitamento de fincas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

A Lei 6/2011, que entrou en vigor o 15 de novembro de 2011, derroga a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia e establece unha serie de cambios no ámbito e procedemento de actuación que ata o momento levaba a cabo o Banco de Terras. Para aclarar calquera dúbida respecto a estes cambios pode consultar Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras  (DOG núm. 205, mércores 26.10.2011) ou as nosas preguntas frecuentes pulsando aquí.

Se vostede é propietario ou propietaria de terras e lle interesa ofrecer as súas parcelas ao Banco de Terras de Galicia ou ben se é vostede unha persoa que necesita terras para levar a cabo o seu proxecto, pode atopar no Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) as parcelas dispoñibles así como consultar os trámites que hai que levar a cabo para cada un dos casos. Pode ademais realizar parte dos trámites a través de Internet, asi como coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes.

¿É vostede unha persoa que ten terras e non lles da aproveitamento non as está a traballar?

Consulte aquí o que lle pode ofrecer o Banco de Terras e os trámites a seguir para incorporar esas fincas ao Banco de Terras.

¿Necesita vostede terras para desenvolver o seu proxecto?

Consulte aquí como pode solicitar a cesión de fincas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.