Vostede está aquí

Novas

29.09.2022
A Xunta preselecciona os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia que actualmente xestionan o Leader para continuar a súa andaina no próximo programa 2023-2027 A Xunta preselecciona os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia
Para o desenvolvemento das estratexias de desenvolvemento local, cada grupo contará con 35.000 euros dun orzamento total que, para esta convocatoria, ascende aos 840.000 euros. As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo colaborarán cos 24 grupos de desenvolvemento rural na elaboración das súas estratexias
28.09.2022
A Xunta pon en valor en Lleida as máis de 9.300 hectáreas que están sendo mobilizadas a través da lei de recuperación da terra agraria de Galicia A Xunta pon en valor en Lleida as máis de 9.300 hectáreas que están sendo mobilizadas a través da lei de recuperación da terra agraria de Galicia
Inés Santé puxo en valor os 21 polígonos de iniciativa pública e as 21 aldeas modelo existentes en Galicia a día de hoxe, mediante os cales se están a beneficiar máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas. Salientou que a Xunta traballa na posta en marcha do Banco de Explotacións, que pretende favorecer a remuda xeracional no agro galego e así darlle continuidade ás explotacións existentes. Incidiu na importancia de identificar e ordenar os usos da terra e destacou a creación dun Catálogo de solos agropecuarios e forestais, que tratará de facer unha planificación integral contemplando os usos agrícolas, gandeiros e forestais
24.09.2022
A Xunta traballa no desenvolvemento dun polígono agroforestal no concello de Bóveda que porá en valor case 52 hectáreas A Xunta traballa no desenvolvemento dun polígono agroforestal no concello de Bóveda
Este polígono, que se atopa en fase de actuacións previas, está dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios. A Lei de recuperación contempla tamén figuras tales coma as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta
20.09.2022
A Xunta remata a parcelaria da Graña-Campo, no concello de Covelo, tras reorganizar unha superficie de máis de 600 hectáreas e investir máis de 3 M€ A Xunta remata a parcelaria da Graña-Campo, no concello de Covelo
Jose González destacou que, grazas a este traballo, pasouse de 13.728 predios a 1.379 fincas, o que supuxo multiplicou por dez a superficie media das parcelas finais. Puxo en valor que entre os anos 2021 e 2022 decretaranse 28 novas concentracións, que abarcan un total de 23.613 hectáreas e 107.655 parcelas de 15.586 titulares. Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, só no primeiro ano de vixencia, se está mobilizando máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia

Páxinas