Vostede está aquí

Novas

04.11.2022
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural contará en 2023 cun 21% máis de orzamento para continuar aplicando a Lei de recuperación da terra agraria
Inés Santé referiuse aos 5,9 millóns de euros para desenvolver instrumentos da Lei, aos case 2,2 millóns para plans de dinamización dos núcleos rurais das aldeas modelo ou aos máis de 2 millóns para infraestruturas de aldeas e polígonos agroforestais. No eido da dinamización do territorio rural, citou os case 19,7 millóns de euros do Plan de mellora de camiños municipais ou os preto de 3,9 millóns para a creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas. Ao abeiro do programa Leader, aludiu a un presuposto de 16,4 millóns de euros, para financiar proxectos dos grupos de desenvolvemento rural da comunidade, para garantir o seu funcionamento ou para dar pulo á cooperación
04.11.2022
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social seis polígonos agroforestais en Leiro, Monterrei, Paderne de Allariz, Riós, Cerdedo-Cotobade e Crecente A Xunta declara de utilidade pública e de interese social seis polígonos agroforestais en Leiro, Monterrei, Paderne de Allariz, Riós, Cerdedo-Cotobade e Crecente
O DOG publica hoxe os seis decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 420 hectáreas, preto de 3.700 parcelas e máis de 1.300 propietarios. Elévase así a oito o número de polígonos de iniciativa pública declarados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, tras os de Cualedro e Oímbra que actualmente se atopan na fase de redacción do proxecto básico. O estudo de viabilidade aprobado en cada caso determinou os usos e actividades admisibles, entre os que destacan os cultivos leñosos ou de horta e os sistemas agroforestais. A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 10 xa iniciados e 11 en fase de actuacións previas
30.10.2022
A Xunta pon en valor o seu modelo de aldeas intelixentes nun seminario internacional celebrado na República Checa A Xunta pon en valor o seu modelo de aldeas intelixentes nun seminario internacional celebrado na República Checa
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural destacou que Galicia xa conta con 21 aldeas modelo aprobadas, que suman unhas 575 hectáreas recuperadas nunhas 9.300 parcelas de 2.360 propietarios. Nesta rede poñerase en marcha un proxecto que consistirá na recuperación dos núcleos rurais destas aldeas modelo co fin de crear un territorio rural intelixente e contribuír aos retos de seguridade alimentaria e de asentamento da poboación no rural. Inés Santé destacou que as aldeas modelo están completamente aliñadas coa política de “smart villages” impulsada pola Unión Europea e posta en valor no seminario que organizou o Comité Europeo das Rexións
21.10.2022
A Xunta investirá 4,4 millóns de euros na execución de polígonos agroforestais e aldeas modelo no ano 2023 A Xunta investirá 4,4 millóns de euros na execución de polígonos agroforestais e aldeas modelo no ano 2023
Dous dos tres posibles polígonos de Paradela destinaríanse a viñedos, mentres que o terceiro buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona. En Galicia xa están declarados un total de 21 polígonos agroforestais que comprenden unha superficie de case 8.800 hectáreas e outras 21 aldeas modelo, que supoñen 574 hectáreas

Páxinas