Vostede está aquí

Novas

06.12.2022
A Xunta investiu máis de 48.000€ para a reforma do local social de Santa Cruz de Montaos en Ordes
A iniciativa enmárcase dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. Trátase dun proxecto senlleiro, cuxo obxectivo é poñer en valor a cultura, identidade e vida en comunidade do pobo galego.
02.12.2022
A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora da rede viaria dos lugares da Falmega e do Curro, no concello coruñés de Oroso A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora da rede viaria dos lugares da Falmega e do Curro, no concello coruñés de Oroso
A axuda foi concedida ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade destas achegas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme ou a limpeza das marxes
01.12.2022
Os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos xa están a elaborar as estratexias do próximo período Leader 2023-2027 Os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos xa están a elaborar as estratexias do próximo período Leader 2023-2027
Para este traballo cada grupo recibe unha axuda pública de 35.000 euros e contan coa colaboración e asesoramento das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. O proxecto “Aldeas Intelixentes: solucións de futuro para aldeas sustentables” ten previsto o lanzamento de procedementos de compra pública por un valor inicial de 5 millóns de euros no próximo ano. Representantes de sete GDR da Cerdeña están a visitar estes días Galicia para coñecer de preto diferentes experiencias turísticas, entre as cales se atopa unha en Boqueixón que foi beneficiaria dunha axuda Leader
30.11.2022
A Xunta pon en valor o papel clave dos Grupos de Desenvolvemento Rural como entidades colaboradoras para o cumprimento da Lei de recuperación da terra agraria A Xunta pon en valor o papel clave dos Grupos de Desenvolvemento Rural como entidades colaboradoras para o cumprimento da Lei de recuperación da terra agraria
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe en Sarreaus á presentación da iniciativa “Aterra. Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. Esta iniciativa inclúe un visor xeográfico para localizar demanda e oferta de terra agraria, o que contribuirá a poñer en valor as terras que están actualmente en desuso

Páxinas