Vostede está aquí

Novas

29.12.2022
Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica. Anuncio
Publícase a Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
28.12.2022
A Xunta e o Concello do Saviñao estudarán a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría Imaxe da nova
Tamén se acordou arranxar a estrada que vai do cruce de Tribás a Ousende, a través do Plan de Infraestruturas Rurais de 2023, cunha contía de 120.000 euros. Así mesmo, vaise analizar a posibilidade de dar apoio aos montes veciñais e de reforzar a colaboración para a loita contra incendios. Por último, garantiuse a presenza da Oficina Agraria Móbil para mellorar a prestación de servizos no concello.
26.12.2022
A Xunta investiu máis de 48.000€ para a reforma do local social de Santa Cruz de Montaos en Ordes Imaxe da nova
A iniciativa enmárcase dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. Trátase dun proxecto senlleiro, cuxo obxectivo é poñer en valor a cultura, identidade e vida en comunidade do pobo galego.
21.12.2022
A Xunta destaca a utilidade das aldeas modelo para a recuperación da terra agraria e para a loita contra o abandono e infrautilización do agro galego A Xunta destaca a utilidade das aldeas modelo para a recuperación da terra agraria e para a loita contra o abandono e infrautilización do agro galego
Inés Santé puxo en valor o feito de que das 21 aldeas modelo existentes en Galicia, cinco pertencen á provincia de Lugo e dúas delas localízanse na Ribeira Sacra. Así, salientou que os núcleos de Bustelo de Fisteus, en Quiroga, e de Francos de Proendos, en Sober, permiten recuperar unhas 26 hectáreas de 108 propietarios

Páxinas