Vostede está aquí

Novas

26.11.2022
A Xunta avanza no desenvolvemento do polígono agroforestal da localidade ourensá de Oímbra A Xunta avanza no desenvolvemento do polígono agroforestal da localidade ourensá de Oímbra
José González salientou que o polígono abrangue unha superficie de case 22 hectáreas e que a súa principal orientación produtiva é cara a cultivos de horta, como os da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, e leñosos. Destacou que este polígono súmase a outros 14 xa iniciados ou en actuacións previas na provincia ourensá, que representan a maioría dos 21 abertos no conxunto de Galicia. Puxo en valor o esforzo orzamentario da Xunta para impulsar estes instrumentos da Lei de recuperación, indicando que nos presupostos de 2023 destinaranse 5,9 millóns de euros ao seu desenvolvemento, o que supón un 11 % máis de fondos ca no 2022

21.11.2022
A Xunta avanza na identificación dos sistemas agrarios de alto valor natural para definir o mapa de usos agroforestais da nosa comunidade A Xunta avanza na identificación dos sistemas agrarios de alto valor natural para definir o mapa de usos agroforestais da nosa comunidade
Inés Santé trasladou que a Consellería do Medio Rural contratou xa esta identificación, dando así cumprimento ao establecido pola Lei de recuperación da terra agraria. Explicou que o concepto de infraestrutura verde está sendo adoptado nas diferentes políticas e estratexias de xestión territorial como un instrumento para asegurar os servizos ecosistémicos requiridos para o benestar humano e a calidade de vida
18.11.2022
A Xunta destaca a contribución dos premiados cos galardóns ao desenvolvemento rural por facer do agro un medio máis atractivo para vivir e traballar A Xunta destaca a contribución dos premiados cos galardóns ao desenvolvemento rural por facer do agro un medio máis atractivo para vivir e traballar
José González amosou o seu “orgullo rural” por ver que cada ano se presentan propostas novas, algo que identificou como “un signo de que realmente existe un desenvolvemento rural na nosa comunidade”. O conselleiro puxo en valor as preto de 60 propostas presentadas, repartidas nas diferentes categorías, e felicitou un por un os galardoados, glosando a súa achega ao desenvolvemento rural de Galicia
16.11.2022
A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para cinco aldeas modelo nos concellos de Sober, Taboadela, Cualedro, a Gudiña e Cerdedo-Cotobade A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para cinco aldeas modelo nos concellos de Sober, Taboadela, Cualedro, a Gudiña e Cerdedo-Cotobade
Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Poderán realizar as achegas que consideren oportunas no prazo dun mes a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia

Páxinas