Vostede está aquí

Novas

12.10.2022
As aldeas modelo impulsadas pola Xunta aplicarán os resultados do proxecto comunitario Rustik a prol da transición cara a un rural sustentable As aldeas modelo impulsadas pola Xunta aplicarán os resultados do proxecto comunitario Rustik
Rustik é un proxecto interdisciplinario de ámbito internacional que contará co traballo de investigadores e de organismos responsables de aplicar políticas rurais en Europa cun orzamento global próximo aos 7 millóns de euros para os vindeiros catro anos. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, é un dos socios desta iniciativa que busca reforzar os procesos de transición cara a comunidades rurais máis resilientes, inclusivas, saudables e verdes. En total, participarán 31 socios procedentes de 10 países europeos (España, Austria, Alemaña, Eslovenia, Francia, Finlandia, Bulgaria, Italia, Polonia e Reino Unido)
11.10.2022
A Xunta aposta pola dixitalización do rural galego a través de solucións sustentables como as que aporta a iniciativa das aldeas intelixentes A Xunta aposta pola dixitalización do rural galego a través de solucións sustentables como as que aporta a iniciativa das aldeas intelixentes
Inés Santé estivo acompañada neste acto polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. A representante da Consellería do Medio Rural incidiu en que o obxectivo da Xunta é consolidar a primeira rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, co fin de impulsar a súa recuperación integral. Puxo en valor que as aldeas modelo pasarán a estar completamente rehabilitadas a través da posta en marcha dun Plan de dinamización do núcleo urbano, cun Plan integrado de dinamización turística
11.10.2022
A Xunta e o concello dos Blancos avalían a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais para gandería ovina A Xunta e o concello dos Blancos avalían a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais para gandería ovina
Segundo o tratado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde da localidade ourensá, poderían situarse nas parroquias de Aguís e Pexeiros
07.10.2022
A Xunta traballa para consolidar a primeira rede de aldeas modelo “intelixentes” que xa conta con 21 núcleos en toda Galicia A Xunta traballa para consolidar a primeira rede de aldeas modelo “intelixentes”
José González definiu esta rede coma o xermolo do futuro rural, no que haberá “máis oportunidades para todos, máis liberdade de acción de onde e como vivir, e un porvir sustentable para as vindeiras xeracións. Destacou que esta aposta parte dun investimento de máis de cinco millóns de euros de fondos propios, orientando a achega pública e privada a mellorar a infraestrutura física virtual e os servizos no medio rural por medio de innovadoras ideas. Apuntou que se agarda incrementar este orzamento con outras fontes de financiamento, como as vinculadas aos Next Generation ou ao programa FID (Fomento de Innovación dende a Demanda) do Ministerio de Ciencia e Innovación

Páxinas