Aldeas intelixentes

 

O desenvolvemento rural ten por finalidade mellorar a calidade e as condicións de vida dos habitantes do medio rural, ao tempo que contribúe a cohesión do territorio galego. Unha das prioridades da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é articular proxectos de desenvolvemento rural con carácter piloto e innovador, destinados a reforzar a base produtiva das áreas rurais, poñer en valor os seus recursos e mellorar a calidade de vida.

A iniciativa de solución intelixentes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural impulsará o desenvolvemento de novas ferramentas e técnicas para mellorar a optimización dos recursos agrarios e a xeración de actividades económicas no medio rural, así como a configuración de espazos que ofrezan calidade de vida e unha contorna favorable para emprender e residir no rural da man dos instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

O primeiro paso  será a identificación e diagnóstico de solucións novidosas, non comerciais e baseadas no coñecemento, na tecnoloxía, na innovación e/ou na creatividade, que poidan satisfacer de forma innovadora, novidosa e eficiente os retos de sostibilidade (económica, social e ambiental) e habitabilidade do medio rural.

Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles, é un proxecto de compra pública de innovación (CPI) promovido pola Consellería do Medio Rural a través da Agader. O proxecto conta cun orzamento superior aos 5 millóns de euros de fondos propios, que esperamos poder ampliar con outras fontes de financiamento vinculadas a Next Generation UE ou ao programa FID do Ministerio de Ciencia e Innovación para alcanzar un orzamento global próximo aos 15 millóns de euros.  

O 24 de novembro de 2021 celebrouse a Xornada de lanzamiento da Consulta Preliminar ao Mercado, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

Interésache Aldeas intelixentes. Para calquera dúbida ou consulta: cpm.agader@xunta.gal.

 

Resolución do 24 de novembro de 2021 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se aproba a convocatoria de consultas premilinares ao mercado no marco do Proxecto "Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles"

 

Resolución del 17 de marzo de 2022 de la Agencia Gallega de Desarrollo Rural por la que se aprueba la apertura de un nuevo período de recepción de propuestas en el marco de las consultas preliminares al mercado realizadas en el marco del proyecto "Aldeas intelixentes. Solucións de futuro para aldeas sostibles"

 

Outra documentación de interese

Documentación

 

Actualización 2024 da Consulta Preliminar ao Mercado

Tras a publicación do Informe de Conclusións en outubro de 2022, desde AGADER se ten estado traballando na procura de financiamento para abordar os diferentes RETOS identificados na Consulta Preliminar do Mercado, e que se poñerán en marcha algúns deles nos vindeiros meses do ano 2024.

A finais de 2023 se pediu ás empresas participantes na Consulta Preliminar que actualizaran a información facilitada durante a citada consulta, identificando algún cambio significativo desde a presentación das propostas en 2022, ou si esa información seguía vixente.

O resultado desta actualización pode atoparse nos documentos que se xuntan: Informe actualizado dos Retos 1 a 4, e Informe actualizado Reto 5.