Eume

Á beleza da ría, con lugares tan pintorescos como o colorista porto de Redes, engádense destacados monumentos históricos –como o mosteiro de Caaveiro ou San Miguel de Breamo, ou o castelo de A Noguerosa, monumentos que testemuñan a importancia da casa de Andrade. A isto, súmanse os espazos naturais de tanto interese, como o Parque Natural que forman as Fragas do Eume. O conxunto histórico da vila, compendio de arquitectura popular e culta, ou o casarío antigo e ben aliñado de Ares, aberto ao seu dique, completan tan singular patrimonio comarcal. E o mesmo ocorre no presente. Proba de iso é que o propio partido xudicial histórico foi suprimido en 1867, restablecido en 1872 e reposto pouco despois, para ser suprimido definitivamente en 1965.

A súa economía baséase na industria, a enerxía e o turismo, sendo tamén importante a explotación forestal. Pese a todo, a capital histórica, a vila de Pontedeume, desprovista de boa parte dos servizos administrativos, logrou seguir funcionando como centro de mercado para moitas das parroquias rurais da comarca. Modernamente, unha interesante oferta turística favoreceu a súa expansión e a formación dunha imaxe unitaria de comarca. Como resultado desta peculiar evolución, non hai ningún centro que aglutine os servizos comarcais: os fluxos económicos repártense entre os dous principais centros urbanos: As Pontes e Pontedeume, pero á vez todos os municipios teñen fluxos de conexión con Ferrol, e nalgún caso a influencia da Coruña chega á propia comarca. A oposición entre o sector costeiro-residencial, turístico, pescador- e a zona montañosa do interior é moi acusada. A comarca agrupa a cinco municipios, abrangue 539km 2 e ten máis de 25.000 habitantes.

Comarca de Eume en Galicia
Concellos da Comarca de Eume