Novas

14.05.2021
Nova sección na web de Agader para a convocatoria de axudas Leader 2021-2022
Para axudar en toda a tramitación e conseguir resolver algunhas posibles dúbidas, ofrecemos un apartado renovado na web con varios recursos de interese

Se tes unha idea e eres emprendedora ou emprendedor, ou prefires mellorar e innovar no teu negocio, ou tal vez desde unha entidade pública ou privada (sen ánimo de lucro) queres poñer en marcha algún proxecto non produtivo, xa tes dispoñible a nova convocatoria de axudas Leader 2021-2022 para a que se destinan 13 millóns de euros.

Para axudarche en toda a tramitación e conseguir resolver algunhas posibles dúbidas, nesta Web ofrecémosche un apartado renovado con varios recursos de interese.

Deste xeito, no menú superior da nosa páxina, ao acceder á sección “liñas axuda”, poderás atopar unha pestana Nova Convocatoria Leader con toda a documentación necesaria: bases reguladoras das axudas Leader, modificación das bases reguladoras e publicación da convocatoria de proxectos.

Un Directorio dos GDR, que contén un mapa coa distribución por concellos dos GDR e unha relación de todos os GDR de Galicia con ligazón ás súas correspondentes páxinas web.

Unha Guía de axuda, onde poderás atopar as respostas ás preguntas máis frecuentes.

Tamén podes poñerte en contacto co persoal do  GDR ao que pertence o teu concello, onde recibirás unha completa atención e información.