Política de privacidade da aplicación móbil para a participación na recuperación da terra agraria

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da Aplicación móbil para a Participación na Recuperación da Terra Agraria  (en diante, o “App') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet.

Termos e condicións

- A Xunta de Galicia é a titular desta App e dos distintos elementos nela incluídos.

- O contido facilitado a través desta App emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta App, nin que se atope totalmente actualizada.

Responsabilidade

- A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nesta App con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

- A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

- A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Política de privacidade e protección de datos persoais

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, Regulamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

1. - Quen é o responsable do tratamento e o encargado do tratamento
O responsable do tratamento é a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) con domicilio en Lugar da Barcia, 56. Laraño, 15897, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://agader.xunta.gal/es 

Encargado do tratamento: Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión da aplicación a través do que se dará acceso ás persoas usuarias da mesma. 

2. - Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar coa persoa Delegada de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

3.- Categorías de datos obxecto do tratamento
O acceso á aplicación pode realizarse a través do CAS da Xunta de Galicia ou rexistrándose na aplicación.

Os datos persoais que se utilizarán no caso de que o usuario decida rexistrarse na aplicación serán os seguintes:

  • Nome e apelidos
  • DNI/NIE
  • Correo electrónico

Ademais de cos usuarios rexistrados, no caso de que se acceda a través do CAS da Xunta de Galicia, tamén se utilizarán os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI/NIE
  • Identificador de usuario

Outros datos: referencia catastral dos bens inmobles.

Más información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

4.- Orixe dos datos

Os datos son facilitados polas propias persoas usuarias da aplicación ou obtidos do CAS da Xunta de Galicia, en función do método de autenticación empregado, así como do Catastro, no caso das referencias catastrais.

5.- Finalidades do tratamento

Os datos persoais son tratados coa finalidade de xestionar o acceso ou o rexistro como persoa usuaria da aplicación móbil para a participación na recuperación da terra agraria.

6.- Lexitimación para o tratamento de datos persoais

A lexitimación para o tratamento de datos persoais derivado da xestión e tramitación das solicitudes de alta como persoa usuaria da aplicación móbil para a participación na recuperación da terra agraria,  fundaméntase no cumprimento dunha misión en interese público baseada na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia e o Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

7. - Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse ata que se cumpra coa finalidade disposta para funcionalidade desta aplicación, mentres sexa necesario para a determinación das responsabilidades que se puidesen derivar deste ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos e en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de arquivos e documentos (Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia).

8. - Cesión ou comunicacións dos datos
Non se prevén comunicacións a terceiros. 

9. - Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
O responsable do tratamento facilitará o exercicio dos dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son, entre outros:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

As canles a través das cales se pode solicitar o exercicio dos dereitos son:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
  • Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.

10. - Máis información
Pode ampliar esta información na seguinte ligazón.

11. - Modificación da Política de privacidade
Agader resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendamos que se revise a política de privacidade con certa periodicidade.       

Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou relacionada co uso da App, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.