Vostede está aquí

Novas

03.05.2021
Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da medida Leader (submedida 19.2) para as anualidades 2021 e 2022
Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
30.04.2021
A Xunta investiu 2,2 millóns de euros na parcelaria de Maceda-Orois, no Concello de Melide, que hoxe se dá por rematada coa entrega dun millar de títulos de propiedade A Xunta investiu 2,2 millóns de euros na parcelaria de Maceda-Orois, no Concello de Melide, que hoxe se dá por rematada coa entrega dun millar de títulos de propiedade
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral de Desenvolvemento Rural presidiron a entrega de títulos a 436 propietarios que se viron beneficiados por este proceso. Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de algo máis de 1.000 hectáreas, duplicouse a superficie media das parcelas resultantes. Entre o ano 2020 e o primeiro cuadrimestre de 2021, a Xunta entregou 10.500 títulos de 13 concentracións parcelarias que beneficiaron a preto de 4.200 propietarios. Ademais, véñense de decretar cinco novas parcelarias neste ano 2021, das cales dúas son en Outeiro de Rei e o resto nos concellos de Ordes, Friol e Castro de Rei
28.04.2021
A Xunta rematará o vindeiro ano catro parcelarias en Cartelle que reorganizarán 4.000 hectáreas de 3.700 propietarios A Xunta rematará o vindeiro ano catro parcelarias en Cartelle que reorganizarán 4.000 hectáreas de 3.700 propietarios
Trátase dos procesos das zonas de Cartelle, Mundil, San Tomé e Vilar de Vacas, que suporán un investimento conxunto de preto de 14 millóns de euros. Un quinto proceso de concentración, na zona de Santa Baia, terá un impulso específico ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, mediante a súa posible conversión nun polígono agroforestal
24.04.2021
A Xunta pon á disposición das pemes do sector primario un formulario online para presentar proxectos e optar a fondos europeos, especialmente para aumentar a súa base territorial A Xunta pon á disposición das pemes do sector primario un formulario online para presentar proxectos e optar a fondos europeos, especialmente para aumentar a súa base territorial
A Xunta facilita os trámites para que os interesados poidan presentar proxectos ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, deseñado polo Goberno central. Os agricultores, gandeiros e silvicultores galegos poderán realizar esta tramitación cubrindo unha enquisa dispoñible na web da Consellería do Medio Rural. A Xunta ampliou recentemente, ata o vindeiro día 30 de abril, o prazo para concorrer a esta Manifestación de interese, tendo en conta a gran demanda existente no sector agroalimentario galego

Páxinas