Vostede está aquí

Novas

10.04.2021
A Xunta amplía ata o 30 de abril o prazo para que as pemes do sector primario e agroalimentario galego presenten iniciativas para facer fronte aos efectos da covid-19  A Xunta amplía ata o 30 de abril o prazo para que as pemes do sector primario e agroalimentario galego presenten iniciativas para facer fronte aos efectos da covid-19
Os directores xerais da Consellería do Medio Rural mantiveron diversos encontros esta semana para dar a coñecer a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos e, ante o interese amosado, decidiuse ampliar o prazo de solicitude. Ao tempo que se buscan iniciativas que sexan susceptibles de acollerse a fondos europeos, tamén se persegue ir definindo as liñas estratéxicas de actuación no rural galego. A Convocatoria permitirá visibilizar proxectos promovidos por pequenas e medianas empresas coa finalidade de poñer en produción ata 18.000 hectáreas de terra abandonada e de desenvolver 200 aldeas modelo, utilizando os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Os interesados poderán enviar as súas propostas ao enderezo de correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal
09.04.2021
Resolución pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal de Agader, mediante resolución do 24 de febreiro de 2021 (DOG núm. 44, do 5 de marzo de 2021)
08.04.2021
A Xunta avanza na concentración parcelaria de Val de Camba co acordo de reestruturación, que inclúe a proposta de novos predios para os 733 propietarios beneficiarios A Xunta avanza na concentración parcelaria de Val de Camba co acordo de reestruturación, que inclúe a proposta de novos predios para os 733 propietarios beneficiarios
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde Rubén Quintá reúnense coa Xunta Local para informarlle da apertura do proceso de información pública desta nova fase, que permanecerá aberto ata o 18 de xuño. Medio Rural vai remitir cartas individuais aos veciños cunha folla resumo na que se detalla a proposta de novas parcelas e se informa da consulta dos planos. Este proceso permitirá concentrar 1.854 hectáreas cun 69% de superficie agrícola optimizando as 7.524 fincas existentes na actualidade en 1.847 de maior tamaño
08.04.2021
A Xunta inviste case 39.000 euros na rehabilitación e reforma da praza de abastos de Ribadeo A Xunta inviste case 39.000 euros na rehabilitación e reforma da praza de abastos de Ribadeo
Inés Santé destacou que as instalacións se benefician da convocatoria de Medio Rural que consignou o ano pasado máis de 1,7 millóns de euros para reformar ou rehabilitar os mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios. A achega concedida supón cubrir case o 80% do orzamento presentado polo Concello de Ribadeo para levar a cabo as obras

Páxinas