Vostede está aquí

Novas

08.04.2021
A Xunta decreta dúas novas concentracións parcelarias en Outeiro de Rei que reorganizarán máis de 2000 hectáreas de superficie
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os dous decretos da Consellería do Medio Rural, dando comezo aos traballos de reestruturación nas zonas. Os procesos afectarán ás zonas de San Fiz de Paz e ás de Arcos, Sobrada de Aguiar e San Lourenzo de Aguiar, beneficiando uns 833 propietarios. A partir do decreto, iniciarase a fase de bases, coa investigación da propiedade e a clasificación dos terreos. Trátase das dúas primeiras parcelarias que se decretan trala entrada en vigor en 2015 da Lei da Metaga. A Xunta seguirá impulsando estes procesos da man da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
06.04.2021
Carballeda de Avia acollerá un plan piloto promovido pola Xunta que combinará os pasteiros con diversas iniciativas de mobilización de terras Carballeda de Avia acollerá un plan piloto promovido pola Xunta que combinará os pasteiros con diversas iniciativas de mobilización de terras
O obxectivo é conxugar accións ao abeiro do Plan de pastos con figuras como as aldeas modelo ou os polígonos agrarios, utilizando os instrumentos da futura Lei de recuperación da terra. Consolidando a xa implementada aldea modelo de Muimenta, trabállase coa posibilidade de promover outras aldeas, así como un polígono de viñedo. Esta iniciativa sumaríase ás xa previstas nos concellos veciños da Arnoia, Castrelo de Miño e Leiro, para recuperar terra ao tempo que se dota de maior superficie de cultivo á Denominación de Orixe Ribeiro
06.04.2021
A Xunta cede case 40 tractores, rozadoiras e trituradoras a concellos das catro provincias para contribuír á xestión da biomasa para previr lumes e á limpeza dos camiños e estradas A Xunta cede case 40 tractores, rozadoiras e trituradoras a concellos das catro provincias para contribuír á xestión da biomasa para previr lumes e á limpeza dos camiños e estradas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula esta cesión en propiedade a un total de 11 concellos e a dúas mancomunidades de municipios
05.04.2021
A Xunta destaca que preto do 70% da superficie do Concello do Pino xa está concentrada, tras rematar a parcelaria de Budiño A Xunta destaca que preto do 70% da superficie do Concello do Pino xa está concentrada, tras rematar a parcelaria de Budiño
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral de Desenvolvemento Rural presidiron a entrega de títulos a 470 propietarios que se viron beneficiados por este proceso. A Consellería destinou preto de 1,4 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie dunhas 700 hectáreas. Nas vindeiras semanas entregaranse os títulos doutras tres zonas, beneficiando a 840 veciños galegos. Véñense de decretar dúas novas parcelarias no concello de Outeiro de Rei e está a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos en Ordes, Friol e Castro de Rei. Ademais, tendo en conta o compromiso adquirido pola Xunta de decretar novos procesos a medida que se vaian finalizando outros, nos vindeiros meses serán declarados uns 23 procesos a maiores

Páxinas