Vostede está aquí

Novas

13.03.2021
A Xunta e o Concello do Incio avanzan no desenvolvemento da aldea modelo de Trascastro e no impulso da riqueza dos soutos tradicionais A Xunta e o Concello do Incio avanzan no desenvolvemento da aldea modelo de Trascastro e no impulso da riqueza dos soutos tradicionais
O conselleiro do Medio Rural reuniuse esta semana en San Caetano co alcalde, Héctor Corujo, para avanzar en ambas iniciativas. Os traballos nos soutos, que se están a inventariar, darán continuidade á aldea modelo e terán un impulso coa entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e a súa figura das agrupacións de xestión conxunta
12.03.2021
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde de Entrimo para avanzar na potenciación da súa riqueza forestal O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde de Entrimo para avanzar na potenciación da súa riqueza forestal
José González explicoulle ao rexedor as posibilidades que abre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para mellorar a xestión dos terreos agrogandeiros e forestais
10.03.2021
A Xunta destina case 33.000 euros á mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Xunqueira de Espadanedo A Xunta destina case 33.000 euros á mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Xunqueira de Espadanedo
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde desta localidade ourensá reuníronse para analizar as posibilidades de arranxo de distintas vías de comunicación do municipio. As obras executaranse ao abeiro do Plan Marco 2021-2022 para incidir en tres tramos da parroquia de Niñodaguia
09.03.2021
A Xunta impulsa un centro de exposicións rural no Concello de Lalín para dar a coñecer a obra dos artistas da comarca do Deza A Xunta impulsa un centro de exposicións rural no Concello de Lalín para dar a coñecer a obra dos artistas da comarca do Deza
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural tratou co rexedor lalinense a actuación ao abeiro dun proxecto senlleiro asinado co consistorio. A actuación contará cunha axuda de case 74.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural

Páxinas