Vostede está aquí

Novas

04.04.2021
A Xunta destina case 90.000 € a mellorar as infraestruturas rurais do Concello do Bolo A Xunta destina case 90.000 € a mellorar as infraestruturas rurais do Concello do Bolo
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde deste municipio ourensán para coñecer as necesidades dos seus veciños. No encontro puxéronse de relevo os traballos subvencionados polo Goberno galego nas últimas convocatorias do PIR e do Plan Marco por un valor próximo aos 55.000 euros, así como outros case 34.000 euros consignados este ano. Na reunión tamén se avaliou a posibilidade de promover na localidade diversos instrumentos de mobilización, ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente en tramitación parlamentaria. Canto á anticipación aos incendios forestais, tratáronse tanto os traballos preventivos que se están a levar a cabo na contorna como a limpeza de faixas secundarias ao abeiro do convenio de protección das aldeas
29.03.2021
A Xunta dota este ano dun orzamento de case 400.000€ á bisbarra de Terras de Pontevedra para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco A Xunta dota este ano dun orzamento de case 400.000€ á bisbarra de Terras de Pontevedra para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco
O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Barro ten consignados para este exercicio 37.828€ deste programa e supervisa a actuación realizada en Faxil e Cancela coa anterior convocatoria, na que se investiron preto de 33.000€. Barro rolda os 200.000€ só de fondos do Plan Marco nos últimos cinco anos para a remodelación de camiños en Faxil, Cancela, Vilaverde, Mane, Agudelo, Cangrallo e Valiñas. “É fundamental realizar un apoio constante aos concellos rurais para soster as súas infraestruturas, tal e como facemos dende a Xunta, para mellorar a súa mobilidade e facilitar os labores agrogandeiros”, destaca o representante rexional
29.03.2021
A Xunta dá por rematada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos de propiedade a máis de 260 veciños A Xunta dá por rematada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos de propiedade a máis de 260 veciños
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral de Desenvolvemento Rural presidiron a entrega dos títulos aos 262 propietarios que se viron beneficiados por este proceso. A Consellería destinou algo máis de 1,5 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie de 435 hectáreas. Trala reorganización da terra, a superficie media por parcela multiplicouse por catro, pasando de 2.600 m² a case 10.000 m². O conselleiro anunciou que nas vindeiras semanas entregaranse os títulos doutras catro zonas, beneficiando a 1.300 veciños galegos. Lembrou que se acaban de decretar dúas novas parcelarias na provincia, concretamente no concello de Outeiro de Rei e que está a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos en Friol e Castro de Rei e no municipio coruñés de Ordes. Ademais, tendo en conta o compromiso adquirido pola Xunta de decretar novos procesos a medida que se vaian finalizando outros, nos vindeiros meses serán declarados uns 23 procesos a maiores
26.03.2021
A Xunta investiu 1,7 M€ na parcelaria de Niñodaguia, en Baltar, que supuxo a reorganización dunhas 570 hectáreas
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral de Desenvolvemento Rural presidiron a entrega dos títulos de propiedade, dando así por rematado este proceso. Un total de 180 propietarios víronse beneficiados desta reestruturación, que permitiu multiplicar por seis a superficie media das parcelas resultantes. O conselleiro anunciou que nos vindeiros meses entregaranse os títulos doutras cinco zonas, beneficiando a case 1.570 veciños galegos. Lembrou que se acaban de decretar dúas novas parcelarias no concello lugués de Outeiro de Rei e que está a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos en Ordes, Friol e Castro de Rei. Ademais, tendo en conta o compromiso adquirido pola Xunta de decretar novos procesos a medida que se vaian finalizando outros, nos vindeiros meses serán declarados uns 23 procesos a maiores

Páxinas