Vostede está aquí

Novas

17.04.2021
Trenor destaca a importancia da concienciación cidadá para garantir a conservación dos hórreos, sinal de identidade do rural galego Trenor destaca a importancia da concienciación cidadá para garantir a conservación dos hórreos, sinal de identidade do rural galego
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o delegado da Xunta foron os encargados de participar na apertura e clausura da xornada Hórreos, ¿Patrimonio da Humanidade?. “Os cabazos son elementos arquitectónicos vitais no rural galego e na actualidade convertéronse nun importante reclamo turístico”, subliñou o delegado da Xunta
16.04.2021
A Xunta remata a parcelaria de Frexulfe, no concello lugués do Valadouro, coa entrega de case 300 títulos de propiedade A Xunta remata a parcelaria de Frexulfe, no concello lugués do Valadouro, coa entrega de case 300 títulos de propiedade
A Consellería investiu preto de 600.000 euros neste proceso, que abarca unha superficie de 120 hectáreas. Nas vindeiras semanas entregaranse os títulos doutras dúas zonas, beneficiando a 684 veciños galegos. Véñense de decretar dúas novas parcelarias no concello de Outeiro de Rei e decretaranse nas vindeiras semanas outros tres novos procesos en Ordes, Friol e Castro de Rei. Ademais, tendo en conta o compromiso adquirido pola Xunta de decretar novos procesos a medida que se vaian finalizando outros, nos vindeiros meses serán declarados uns 23 procesos a maiores
14.04.2021
Galicia recibirá unha inxección de fondos ao PDR de 420 millóns de euros de gasto público total para executar ata o ano 2025 Galicia recibirá unha inxección de fondos ao PDR de 420 millóns de euros de gasto público total para executar ata o ano 2025
O importe incorporado procede da ampliación do prazo de execución do PDR Galicia e da incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación (EURI) destinados ao desenvolvemento rural. En total, a aportación de fondos deste programa no período 2016-2025 superará os 1.606 millóns de euros de gasto público total para a nosa comunidade. O grao de execución do PDR na nosa comunidade ascende ao 70%, é dicir, a preto de 10 puntos porcentuais por riba da medida dos programas de España

Páxinas