Vostede está aquí

Novas

25.03.2021
A Xunta anima ao sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas para acollerse ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia fronte aos efectos da covid-19
A Consellería do Medio Rural lanza a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, co obxectivo de axudar a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego. A iniciativa permitirá visibilizar os proxectos promovidos por pequenas e medianas empresas coa finalidade de poñer en produción ata 18.000 hectáreas de terra abandonada e de desenvolver 200 aldeas modelo, utilizando os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Os interesados terán de prazo ata o 16 de abril para enviar os seus proxectos ao enderezo de correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal
24.03.2021
A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na parcelaria de Couso, en Coristanco, que hoxe se deu por finalizada coa entrega de case 800 títulos de propiedade A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na parcelaria de Couso, en Coristanco
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral de Desenvolvemento Rural presidiron a entrega dos títulos aos 245 propietarios beneficiados deste proceso. Decretaranse proximamente dúas novas parcelarias e véñense de poñer a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos, un deles no concello coruñés de Ordes. O conselleiro anunciou que nos vindeiros meses entregaranse os títulos doutras seis zonas, beneficiando a case 1.750 veciños galegos. Noutra orde de cousas, o conselleiro avanzou que se está estudando a delimitación dos perímetros que conformarían o polígono agrario para o cultivo da pataca de Coristanco
22.03.2021
A Xunta entrega 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, en Riotorto, a preto de 500 veciños A Xunta entrega 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, en Riotorto, a preto de 500 veciños
O conselleiro do Medio Rural presidiu a entrega destes títulos, dando así por rematado este proceso que afectou unha superficie de 1.270 hectáreas. A Consellería do Medio Rural investiu case tres millóns de euros neste proceso, sendo o máis custoso as obras relativas á rede de camiños. Decretaranse proximamente dúas novas parcelarias e acábase de poñer a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos. O conselleiro anunciou que nos vindeiros meses entregaranse os títulos doutras sete zonas, beneficiando a case 2.000 veciños galegos
21.03.2021
A Xunta avanza na creación dun polígono agrario que permitiría duplicar a superficie dedicada á produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes A Xunta avanza na creación dun polígono agrario que permitiría duplicar a superficie dedicada á produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuníronse con sidreiros da Estrada. Este instrumento de mobilización -proxectado nunhas 100 hectáreas de Cerdedo-Cotobade- contribuiría a que o sector da bisbarra supere o millón e medio de quilos de mazá de sidra que se producen na Estrada cada ano. Na actualidade, estase a concretar o perímetro e procedendo a identificar a todos os propietarios dos predios para culminar a execución da figura

Páxinas