Vostede está aquí

Novas

19.03.2021
Un total de 82 candidaturas optan este ano aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural Un total de 82 candidaturas optan este ano aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
A presente edición bateu récord de proxectos presentados, destacando un notable incremento nas categorías de mulleres, mocidade, recuperación de terras agrarias, turismo e interese social. O xurado ten un prazo de catro meses para analizar todas as iniciativas e fallar os premios. Cada un dos premiados recibirá un diploma e unha dotación en metálico de 10.000 euros que deberá reinvestir na iniciativa gañadora
18.03.2021
Agader publica o acordo que modifica o acordo de aprobación das bases reguladoras das axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), no marco do PDR Galicia 2014-2020
Resolución do 10 de marzo de 2021 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de marzo de 2021, polo que se modifica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014‑2020 (PDR) (código de procedemento MR701D)
17.03.2021
A Arnoia albergará o primeiro polígono cortalume da provincia de Ourense A Arnoia albergará o primeiro polígono cortalume da provincia de Ourense
O conselleiro do Medio Rural, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, reuniuse co alcalde desta localidade. Terá unha superficie de arredor de 60 hectáreas e localizarase dentro de montes de propiedade municipal, nos que se fomentará o cultivo de viñedo. Ademais, trabállase na posta en marcha doutro polígono agroforestal, tamén orientado á vide, de 20 hectáreas e na posta en valor das 145 hectáreas do monte de Remuíños mediante un instrumento de xestión conxunta. Todas estas iniciativas súmanse ás programadas en Castrelo de Miño e en Leiro para recuperar terras e dotar de maior superficie de cultivo á Denominación de Orixe Ribeiro
15.03.2021
A Xunta investiu preto de 2 M€ na concentración parcelaria de Foxáns-Bendaña, no Concello de Touro A Xunta investiu preto de 2 M€ na concentración parcelaria de Foxáns-Bendaña, no Concello de Touro
O conselleiro do Medio Rural presidiu a entrega dos títulos de propiedade a 440 veciños, dando así por rematado este proceso de reorganización do territorio. A superficie afectada ascende a máis de 461 hectáreas, pasado de máis de 6300 parcelas a menos de 1000 fincas, o que supuxo que a superficie media por predio se multiplicase por sete. O conselleiro anunciou que nos vindeiros meses entregaranse os títulos doutras oito zonas, beneficiando a máis de 2400 veciños galegos. Decretaranse dúas novas parcelarias nas vindeiras semanas e poñerase a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos

Páxinas